Quen pode formar parte?
Viveiros
tendas especializadas
Restauracion
artesanía
Aloxamentos turísticos
guías de turismo
Actividades turísticas complementarias
axencias de viaxes
industrias agroalimentarias
Viveiros
Restauracion
Aloxamentos turísticos
Actividades turísticas complementarias
artesanía
tendas especializadas
industrias agroalimentarias
guías de turismo
axencias de viaxes
SOLICITUDE

Esta solicitude permite iniciar o proceso e recibir a información necesaria.

As empresas e entidades interesadas poden presentar a súa solicitude de adhesión cumprimentando o formulario, dispoñible a través dun click no seguinte botón:

AVALIACIÓN

O equipo técnico revisará cada solicitude para comprobar que se cumpren os criterios básicos de adhesión. Poderase solicitar información adicional ou propostas de mellora, se é preciso.

VALIDACIÓN E ADHESIÓN FORMAL

Unha vez superada a avaliación, a entidade pasará a formar parte oficialmente do Club de Produto Galicia Suroeste.

Proceso de adhesión

Presenta a túa solicitude mediante o formulario de adhesión. O equipo técnico revisará os criterios.

Descarga a documentación do Club de Produto Galicia Suroeste:

– Regulamento

– Manual de identidade visual 

Por que unirte ao Club de Produto Galicia Suroeste?

Buscamos ser unha plataforma de colaboración e promoción para as empresas locais, que potencie unha oferta conxunta e mellore a sua visibilidade.

Pertenza a unha comunidade viva, onde empresas, produtores e entidades locais comparten unha mesma visión do territorio
Inspiración e aprendizaxe mutua a través de encontros, formacións e espazos de intercambio.
 
 
Maior visibilidade como embaixador do territorio, formando parte do relato colectivo de Galicia Suroeste.
 
 
Oportunidades de colaboración real con outras empresas e proxectos locais, abrindo novas vías de negocio e innovación.
 
 
Participación nun modelo turístico sostible, que respecta á contorna, ás persoas e á identidade do lugar.
 
 
Recoñecemento colectivo baixo unha marca que transmite autenticidade, confianza e compromiso co territorio.
 
 
Acceso a novas canles de promoción dixital e física, con contidos que poñen en valor o traballo e a historia de cada empresa.
 
 
Acompañamento técnico próximo, para seguir mellorando e adaptándose aos retos do turismo responsable.
 
 
preguntas frecuentes

Nesta sección darás resposta ás principais claves do funcionamento do Club.

Que é o Club de Produto Galicia Suroeste?

É unha iniciativa promovida pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste que busca poñer en valor o sector primario, a artesanía e o turismo a través da creación de experiencias que representen a identidade do territorio.

Que se entende por “Club de Produto”?

Trátase dun modelo de cooperación entre entidades e empresas dun mesmo territorio que se unen para ofrecer experiencias conxuntas baixo unha marca común.

Que tipo de entidades poden adherirse?

Poden participar empresas e entidades vinculadas ao territorio das seguintes tipoloxías: viveiros, industrias agroalimentarias, restauración, artesanía, aloxamentos turísticos, tendas especializadas, actividades turísticas complementarias, guías de turismo e axencias de viaxes.

Quen xestiona o Club?

O Ente Xestor do Club de Produto Galicia Suroeste é la Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste, que asume a coordinación xeral, o impulso e o seguimento ordinario do Club.

Que é o Comité de Xestión e que función ten?

É un órgano consultivo e propositivo que actúa como espazo de participación, coordinación e contraste técnico de apoio ao Ente Xestor. Está integrado por un mínimo de cinco persoas: un representante da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste (presidencia), unha persoa con funcións de secretaría, e un mínimo de tres persoas vinculadas a distintas tipoloxías de entidades adheridas, procurando unha representación plural e equilibrada do territorio.

Ten algún custo a adhesión?

Non está previsto.

Que compromisos asumirán as empresas adheridas?

As entidades adheridas comprométense, segundo o artigo 22 do Regulamento, a:

  • Mantener os requisitos de adhesión ao longo de toda a vixencia (os obrigatorios e o mínimo requirido dos avaliables).
  • Manter actualizada a súa información ante o Ente Xestor e comunicar cambios relevantes.
  • Colaborar nos procesos de acreditación, renovación e verificación.
  • Usar correctamente a marca e a identidade visual do Club, segundo o Manual de Identidade.
  • Participar e cooperar nas accións do Club (promoción, formación, recomendación cruzada) e coidar a experiencia da persoa visitante.
  • Cumprir coa normativa sectorial aplicable e velar pola boa imaxe do Club.
Como podo participar?

Para formar parte do Club de Produto Galicia Suroeste, a túa empresa ou entidade debe seguir estes pasos:

  • 1. Presentar a solicitude mediante o formulario de adhesión e remitilo por correo electrónico a clubproduto@galiciasuroeste.gal
  • 2. Acreditar os requisitos: cumprir os requisitos obrigatorios comúns e específicos da túa tipoloxía, e acadar un mínimo do 25 % dos requisitos avaliables.
  • 3. Agardar á revisión por parte do Ente Xestor, que comprobará a solicitude e poderá pedir aclaracións ou documentación adicional.
  • 4. Recibir a resolución, que pode ser favorable, desfavorable ou condicionada á emenda de algún aspecto.
A miña empresa ten que estar situada nun municipio concreto para poder formar parte?

Si, a túa entidade debe ter vinculación territorial con algún dos 14 municipios do ámbito de actuación do Club: A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, Gondomar, Baiona, Nigrán, O Porriño, Mos, Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior e Fornelos de Montes.

Esta vinculación pode darse a través do establecemento principal, dunha instalación, centro de traballo, punto de atención ou servizo turístico efectivo dentro deste territorio. Non é imprescindible que o domicilio social estea nun destes municipios.

A miña empresa non ten experiencia en turismo, podo adherirme?

Si. O Regulamento non esixe experiencia previa no sector turístico. O que se require é que a túa actividade teña unha relación directa coa oferta turística, produtiva, cultural, natural, gastronómica, artesanal ou comercial de Galicia Suroeste, e que se encadre nalgunha das tipoloxías previstas (aloxamentos, restauración, industrias agroalimentarias, viveiros, artesanía, tendas especializadas, guías de turismo, axencias de viaxes ou actividades turísticas complementarias).

Podo darme de baixa do Club de Produto?

Si. Podes facelo comunicándonolo mediante o correo electrónico clubproduto@galiciasuroeste.gal.

Precisas máis información?
Estamos aquí para axudarte.