BENVIDOS E BENVIDAS A

O Club de Produto Galicia Suroeste

Trátase dunha iniciativa da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste que nace no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “A Despensa de Galicia”, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Obxectivos do club 

Buscamos ser unha plataforma de colaboración e promoción para as empresas locais, que potencie unha oferta conxunta e mellore a sua visibilidade.

Posicionamento territorial

Posicionar aos concellos de Galicia Suroeste como destino turístico innovador e sostible a través de experiencias de calidade ao redor do sector primario.

Competitividade empresarial

Mellorar a competitividade das empresas adheridas a través de estratexias comúns de promoción e formación.

Diferenciación do destino

Poñer en valor ás entidades vinculadas ao sector primario como elemento diferenciador.

Construír un ecosistema local

Promover actividades e eventos vinculados ao sector primario e ao comercio local.

Por que unirte ao Club?

Formar parte dunha comunidade viva no suroeste de Galicia

Compartindo visión e favorecendo a aprendizaxe mutua, gañando visibilidade baixo unha marca que aposta pola sustentabilidade e a autenticidade. Ademais, ofrece oportunidades reais de colaboración, novas canles de promoción e un acompañamento técnico continuo que impulsa a innovación e o crecemento das empresas do territorio.

Quen pode formar parte?
Viveiros
tendas especializadas
Restauracion
artesanía
Aloxamentos turísticos
guías de turismo
Actividades turísticas complementarias
axencias de viaxes
industrias agroalimentarias
Viveiros
Restauracion
Aloxamentos turísticos
Actividades turísticas complementarias
artesanía
tendas especializadas
industrias agroalimentarias
guías de turismo
axencias de viaxes
Actualidade

Precisas máis información?
Estamos aquí para axudarte.