Coñécenos

O Club de Produto Galicia Suroeste é unha iniciativa da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste que nace no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “A Despensa de Galicia”, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Colaboración Turística

Trátase dun mecanismo de colaboración público-privada que facilita a comercialización de experiencias turísticas estruturadas e de calidade.
 
 

Experiencias Integradas

Permite aglutinar empresas, organizacións e institucións da cadea de valor turística e do sector primario coa aspiración de impulsar a creación e comercialización de experiencias que conten co sector primario, a artesanía e a produción como elementos centrais.
 
 

Visibilidade Local

Busca ser unha plataforma de colaboración e promoción para as empresas locais, que potencie unha oferta conxunta e mellore a visibilidade dos produtos e servizos.
 
 
Obxectivos do club 

Buscamos ser unha plataforma de colaboración e promoción para as empresas locais, que potencie unha oferta conxunta e mellore a sua visibilidade.

Posicionamento territorial

Posicionar aos concellos de Galicia Suroeste como destino turístico innovador e sostible a través de experiencias de calidade ao redor do sector primario.

Competitividade empresarial

Mellorar a competitividade das empresas adheridas a través de estratexias comúns de promoción e formación.

Diferenciación do destino

Poñer en valor ás entidades vinculadas ao sector primario como elemento diferenciador.

Construír un ecosistema local

Promover actividades e eventos vinculados ao sector primario e ao comercio local.

localizACIÓN

O club de producto abarca 14 concellos: A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui.

o rosal A GUARDA oia tomiño baiona nigrán gondomar tui o porriño mos redondela pazos de borbén fornelos de montes SOUTOMAIOR

o rosal A GUARDA oia tomiño baiona nigrán gondomar tui o porriño mos redondela pazos de borbén fornelos de montes soutomaior
Entidades adheridas

Precisas máis información?
Estamos aquí para axudarte.