Formulario para la solicitud de adhesión

    1. Datos de contacto

    2. Datos da empresa ou entidade

    3. Descrición da actividade

    Para a cumprimentación dos seguintes campos, dispón vostede dun límite máximo de 4.000 caracteres por apartado.

    4. Documentación que acompaña a solicitude

    Achegue en formato PDF/JPG/PNG (máx. 2MB por arquivo):

    5. Declaración responsable

    Coa presentación do presente formulario de adhesión asinado, vostede declara responsablemente que:

    • A entidade á que representa cumpre estritamente coa normativa sectorial aplicable á súa actividade e atópase ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
    • Cumpre cos requirimentos obrigatorios comúns, estipulados no artigo 12 do regulamento; cos requirimentos obrigatorios específicos para a súa tipoloxía de entidade, establecidos no apartado 6 do presente formulario; así como co mínimo do 25% dos requisitos avaliables relativos á súa categoría, tamén definidos no apartado 6 deste formulario.
    • Comprométese a dar cumprimento ás disposicións, procedementos e condicións previstas no regulamento que resulten aplicables á súa adhesión, permanencia e participación no Club, e en particular a aquelas estipuladas no artigo 22 como obrigas das entidades adheridas. Concretamente:
      1. Manter durante toda a vixencia da adhesión o cumprimento dos requirimentos obrigatorios aplicables á súa tipoloxía.
      2. Conservar o nivel mínimo de cumprimento dos requirimentos avaliables establecido neste regulamento.
      3. Facilitar ao ente xestor información veraz, completa e actualizada sobre a súa actividade, servizos, produtos, datos de contacto e demais aspectos relevantes para a xestión e promoción do Club.
      4. Comunicar calquera modificación significativa que poida afectar á súa condición de entidade adherida, á súa tipoloxía de adhesión ou á coherencia da súa participación no Club.
      5. Colaborar nos procesos de acreditación, renovación, seguimento ou verificación previstos neste regulamento.
      6. Utilizar correctamente a marca e a identidade visual do Club, respectando as condicións establecidas no manual de identidade e nas indicacións do ente xestor.
      7. Participar, na medida das súas posibilidades, nas accións de cooperación, dinamización, promoción, formación ou creación de produto impulsadas no marco do Club.
      8. Favorecer a cooperación con outras entidades adheridas, especialmente mediante a recomendación cruzada, a participación en experiencias compartidas ou a integración en propostas vinculadas ao territorio.
      9. Contribuír á valorización turística de Galicia Suroeste mediante unha atención adecuada ás persoas visitantes, unha información coherente sobre o territorio e unha actitude de colaboración coa finalidade do Club.
      10. Respectar a normativa sectorial, laboral, fiscal, sanitaria, ambiental, de consumo, accesibilidade e demais disposicións que resulten aplicables ao desenvolvemento da súa actividade.
      11. Evitar actuacións que poidan prexudicar a imaxe, a reputación ou a coherencia do Club de Produto Galicia Suroeste.

    6. Requirimentos (segundo categoría)

    Requirimentos obrigatorios específicos - Aloxamentos

    1. Inscrición no REAT nunha das seguintes categorías: hoteis, pensións, apartamentos turísticos, aloxamentos de turismo rural, campings, albergues turísticos ou vivendas turísticas.
    2. Sinalización exterior visible e identificable, cando a normativa e as condicións do inmoble o permitan.
    3. Dispoñibilidade dun sistema básico de atención á clientela (presencial ou non presencial).
    4. Dispoñibilidade efectiva de pagamento con tarxeta ou medio electrónico equivalente.
    5. Dispoñibilidade de información básica e actualizada sobre recursos turísticos de Galicia Suroeste.

    Marque os requisitos avaliables que cumpre (mínimo 25% = 5 de 18):

    Produto e territorio

    Sostibilidade

    Accesibilidade

    Comercialización e dixitalización

    Experiencia cliente

    Requirimentos obrigatorios específicos - Restauración

    1. Prestación efectiva e habitual dun servizo de restauración con oferta de comida preparada para o consumo no propio establecemento.
    2. Sinalización exterior visible e identificable, cando a normativa e as condicións do inmoble o permitan.
    3. Dispoñibilidade efectiva de pagamento con tarxeta ou outro medio electrónico equivalente.
    4. Dispoñibilidade de, polo menos, un produto alimentario, bebida, elaboración ou referencia gastronómica vinculada ao territorio de Galicia Suroeste na súa oferta habitual.

    Marque os requisitos avaliables que cumpre (mínimo 25% = 5 de 17):

    Produto e territorio

    Sostibilidade

    Accesibilidade

    Comercialización e dixitalización

    Experiencia cliente

    Requirimentos obrigatorios específicos - Industrias agroalimentarias

    1. Desenvolvemento efectivo dunha actividade agroalimentaria vinculada á produción, transformación, elaboración, conservación, envasado ou comercialización de alimentos ou bebidas, ou á xestión dunha explotación agraria, gandeira, pesqueira ou acuícola vinculada ao territorio.
    2. Dispoñibilidade dun produto, proceso produtivo, instalación, explotación ou relato agroalimentario vinculado ao territorio de Galicia Suroeste, susceptible de ser explicado, presentado ou posto en valor ante persoas visitantes, clientes ou prescritores.
    3. Existencia dun punto de atención, espazo visitable, canle de venda directa, servizo de recepción baixo reserva ou outro mecanismo que permita a relación efectiva coa clientela ou coas persoas visitantes.
    4. Dispoñibilidade de información básica sobre a actividade da entidade, os seus produtos, a súa orixe ou a súa relación co territorio de Galicia Suroeste, en soporte físico, dixital ou mediante explicación directa.

    Marque os requisitos avaliables que cumpre (mínimo 25% = 5 de 20):

    Produto e territorio

    Sostibilidade

    Accesibilidade

    Comercialización e dixitalización

    Experiencia cliente

    Requirimentos obrigatorios específicos - Viveiros

    1. Desenvolvemento efectivo dunha actividade vinculada á produción, cultivo, aclimatación, conservación, exposición, comercialización ou distribución de planta viva, flor, arborado, especies ornamentais, forestais, agrícolas ou outros recursos vexetais.
    2. Dispoñibilidade dun produto, proceso produtivo, instalación, colección vexetal, coñecemento técnico ou relato profesional vinculado á actividade viveirista de Galicia Suroeste, susceptible de ser explicado, presentado ou posto en valor ante persoas visitantes, clientes ou prescritores.
    3. Existencia dun punto de atención, área de venda, espazo visitable, servizo de recepción baixo reserva ou outro mecanismo que permita a relación efectiva coa clientela ou coas persoas visitantes, sempre de maneira compatible coa seguridade, a actividade produtiva e as condicións das instalacións.
    4. Dispoñibilidade de información básica sobre a actividade da entidade, as especies ou produtos comercializados, os seus usos, necesidades de cultivo ou relación coa especialización viveirista do territorio, en soporte físico, dixital ou mediante explicación directa.

    Marque os requisitos avaliables que cumpre (mínimo 25% = 5 de 20):

    Produto e territorio

    Sostibilidade

    Accesibilidade

    Comercialización e dixitalización

    Experiencia cliente

    Requirimentos obrigatorios específicos - Actividades turísticas complementarias

    1. Desenvolvemento efectivo dunha actividade, servizo ou experiencia turística complementaria no territorio de Galicia Suroeste, excluíndo as actividades propias de aloxamento, restauración, axencias de viaxe e guías de turismo cando se encadren nas súas categorías específicas.
    2. Dispoñibilidade dun servizo, sistema ou mecanismo operativo de atención, información, reserva, contratación ou xestión da participación das persoas usuarias, de maneira presencial, telefónica ou dixital.
    3. Existencia de información básica e actualizada sobre a actividade ou servizo ofrecido, incluíndo, cando proceda, contidos, condicións de participación, duración, horarios, punto de encontro, prezos orientativos, sistema de reserva, requisitos físicos ou técnicos, limitacións e recomendacións para as persoas participantes.
    4. Posibilidade efectiva de pagamento con tarxeta ou outro medio electrónico equivalente, cando exista contratación, reserva ou pagamento directo por parte da clientela final.

    Marque os requisitos avaliables que cumpre (mínimo 25% = 5 de 19):

    Produto e territorio

    Sostibilidade

    Accesibilidade

    Comercialización e dixitalización

    Experiencia cliente

    Requirimentos obrigatorios específicos - Tendas especializadas

    1. Desenvolvemento efectivo dunha actividade de venda ao público de produtos alimentarios ou doutros produtos vinculados á produción local, á artesanía, á actividade viveirista, á cultura gastronómica ou á identidade territorial de Galicia Suroeste.
    2. Dispoñibilidade dunha oferta comercial na que exista, de maneira identificable, produto local, de proximidade ou vinculado ao territorio de Galicia Suroeste, xa sexa pola súa orixe, elaboración, produción, comercialización, tradición, temática ou relación coa identidade produtiva, cultural ou turística do territorio.
    3. Existencia dun establecemento, punto de venda, espazo de atención, canle de venda directa, servizo baixo pedido ou mecanismo equivalente que permita a relación efectiva coa clientela ou coas persoas visitantes.
    4. Dispoñibilidade efectiva de pagamento con tarxeta ou outro medio electrónico equivalente.
    5. Dispoñibilidade de información básica sobre os produtos vinculados a Galicia Suroeste, a súa orixe, características, usos ou relación co territorio, en soporte físico, dixital ou mediante explicación directa.

    Marque os requisitos avaliables que cumpre (mínimo 25% = 5 de 19):

    Produto e territorio

    Sostibilidade

    Accesibilidade

    Comercialización e dixitalización

    Experiencia cliente

    Requirimentos obrigatorios específicos - Guías de turismo

    1. Exercicio efectivo dunha actividade propia de guía de turismo, coa habilitación oficial, inscrición sectorial ou cumprimento normativo que resulte aplicable para o desenvolvemento da actividade.
    2. Inclusión na súa oferta de, polo menos, unha proposta turística vinculada a Galicia Suroeste, xa sexa en forma de visita guiada, ruta interpretativa, servizo de acompañamento turístico ou experiencia de interpretación do territorio.
    3. Incorporación nos seus contidos, explicacións ou relatos interpretativos de referencias aos recursos naturais, culturais, patrimoniais, gastronómicos ou identitarios de Galicia Suroeste.
    4. Dispoñibilidade de canles presenciais, telefónicas ou dixitais actualizadas e operativas para o contacto, a información previa, a consulta de condicións, reserva, contratación ou xestión da participación das persoas visitantes, grupos, empresas ou operadores turísticos, incluíndo, cando exista pagamento directo, a posibilidade de realizalo con tarxeta ou outro medio electrónico equivalente.
    5. Capacidade efectiva para prestar o servizo, como mínimo, en galego e castelán, e nun idioma estranxeiro.

    Marque os requisitos avaliables que cumpre (mínimo 25% = 4 de 16):

    Produto e territorio

    Sostibilidade

    Accesibilidade

    Comercialización e dixitalización

    Experiencia cliente

    Requirimentos obrigatorios específicos - Axencias de viaxe

    1. Exercicio efectivo dunha actividade propia de axencia de viaxes, operador turístico ou empresa de intermediación turística, coa habilitación ou rexistro sectorial que resulte aplicable para a comercialización, organización ou intermediación de servizos turísticos.
    2. Desenvolvemento dunha actividade receptiva, de creación de produto turístico, intermediación, comercialización ou operación de servizos vinculados a Galicia Suroeste, excluíndo as axencias cuxa actividade se limite á venda de viaxes ou servizos turísticos sen relación co territorio.
    3. Inclusión nos seus soportes comerciais ou informativos de, polo menos, unha proposta turística vinculada a Galicia Suroeste, xa sexa en forma de servizo, experiencia, itinerario, paquete ou actividade que integre recursos, empresas, servizos ou produtos do territorio.
    4. Dispoñibilidade de canles presenciais, telefónicas ou dixitais actualizadas e operativas para a solicitude de información, consulta de condicións, reserva, contratación ou xestión dos servizos turísticos ofertados, dirixidas á clientela final, grupos, empresas ou operadores turísticos, incluíndo, cando exista pagamento directo, a posibilidade de realizalo con tarxeta ou outro medio electrónico equivalente.
    5. Existencia de información básica e actualizada sobre os servizos, experiencias, paquetes ou produtos turísticos vinculados a Galicia Suroeste, incluíndo, cando proceda, contidos, servizos incluídos, provedores participantes, duración, prezos orientativos, sistema de reserva, condicións de contratación e cancelación, requisitos, limitacións e recomendacións para as persoas participantes.

    Marque os requisitos avaliables que cumpre (mínimo 25% = 5 de 18):

    Produto e territorio

    Sostibilidade

    Accesibilidade

    Comercialización e dixitalización

    Experiencia cliente

    Requirimentos obrigatorios específicos - Artesanía

    1. Desenvolvemento efectivo dunha actividade artesanal vinculada á creación, produción, transformación, restauración ou acabado de pezas, produtos ou obras artesás mediante técnicas, oficios, procesos creativos ou procedementos propios da actividade artesá.
    2. Dispoñibilidade dunha peza, produto, colección, técnica, oficio, proceso creativo ou obra artesá desenvolvidos desde o territorio de Galicia Suroeste, susceptibles de ser explicados, expostos, comercializados ou postos en valor ante persoas visitantes, clientes ou prescritores.
    3. Existencia dun obradoiro, espazo de produción, espazo expositivo, punto ou canle de venda, servizo baixo pedido, participación en eventos ou outro mecanismo que permita a relación efectiva coa clientela, coas persoas visitantes ou con outros axentes do territorio.
    4. Dispoñibilidade de información básica sobre a actividade artesanal, as pezas ou produtos elaborados, a técnica empregada, o oficio, o proceso creativo, os materiais ou a relación da entidade co territorio de Galicia Suroeste, en soporte físico, dixital ou mediante explicación directa.

    Marque os requisitos avaliables que cumpre (mínimo 25% = 5 de 18):

    Produto e territorio

    Sostibilidade

    Accesibilidade

    Comercialización e dixitalización

    Experiencia cliente

    7. Xustificación do cumprimento dos requirimentos

    Documentación, explicación e/ou evidencias que achega para xustificar o cumprimento dos requisitos obrigatorios específicos e dos requisitos avaliables seleccionados (Máx. 4.000 caracteres):

    8. Protección de datos

    De acordo co Regulamento (UE) 2016/679 e coa Lei orgánica 3/2018, os datos facilitados serán tratados coa finalidade de xestionar a solicitude de adhesión ao Club de Produto Galicia Suroeste e verificar o cumprimento dos requisitos. Poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade ante a entidade responsable da xestión do Club.

    9. Declaración final

    /* ======================================================= ESTILOS PARA EL FORMULARIO ======================================================= */ /* Contenedor principal del formulario */ .wpcf7-form { font-family: inherit; color: #333333; max-width: 900px; /* Limita el ancho para que sea más legible en PC */ margin: 0 auto; } /* Títulos principales de sección (h3) */ .wpcf7-form h3 { color: #123a5e; font-weight: 700; font-size: 1.4rem; border-bottom: 2px solid #00859b; padding-bottom: 8px; margin-top: 50px; margin-bottom: 25px; text-transform: uppercase; letter-spacing: 0.5px; } /* Párrafos explicativos */ .wpcf7-form p { font-size: 0.95rem; line-height: 1.6; color: #555; margin-bottom: 20px; } /* Etiquetas principales de los campos (Labels) */ .wpcf7-form label { display: block; font-weight: 600; margin-bottom: 18px; color: #123a5e; font-size: 0.95rem; } /* Cajas de texto, selectores y áreas de texto */ .wpcf7-form input[type="text"], .wpcf7-form input[type="email"], .wpcf7-form input[type="tel"], .wpcf7-form select, .wpcf7-form textarea { display: block; width: 100%; border: 1px solid #c3d3d6 !important; background-color: #ffffff; border-radius: 6px; padding: 12px 15px; font-size: 1rem; color: #333; margin-top: 6px; transition: all 0.3s ease; box-sizing: border-box; } /* Efecto focus en las cajas de texto */ .wpcf7-form input[type="text"]:focus, .wpcf7-form input[type="email"]:focus, .wpcf7-form input[type="tel"]:focus, .wpcf7-form select:focus, .wpcf7-form textarea:focus { border-color: #00859b; outline: none; box-shadow: 0 0 0 3px rgba(0, 133, 155, 0.15); } /* Estilo para los campos de subida de archivos */ .wpcf7-form input[type="file"] { display: block; margin-top: 8px; font-size: 0.9rem; padding: 10px 0; color: #555; } /* ======================================================= BLOQUE DE REQUISITOS (Cajas y Listas) ======================================================= */ .wpcf7-form .requisitosBorde { border: 1px solid #cfe4e6; border-radius: 8px; background-color: #f4fafb; padding: 25px; margin: 30px 0; box-shadow: 0 3px 10px rgba(0,0,0,0.02); /* Sombra suave para dar profundidad */ } .wpcf7-form .requisitosBorde h4 { color: #00859b; font-weight: 700; font-size: 1.15rem; margin-top: 0; margin-bottom: 15px; } .wpcf7-form .requisitosBorde ol { padding-left: 20px; margin-bottom: 0; } .wpcf7-form .requisitosBorde li { margin-bottom: 12px; line-height: 1.6; color: #444; } /* Estilos de los subtítulos de requisitos (Producto, Sostibilidade...) que tienes en cursiva */ .wpcf7-form p em { display: block; font-weight: 700; color: #123a5e; font-style: normal; /* Le quitamos la cursiva para que parezca un titular */ margin-top: 30px; margin-bottom: 12px; font-size: 1.05rem; border-left: 3px solid #00859b; /* Línea lateral decorativa */ padding-left: 10px; } /* ======================================================= CHECKBOXES Y ACEPTACIONES ======================================================= */ .wpcf7-form .wpcf7-checkbox { display: flex; flex-direction: column; gap: 12px; margin: 10px 0 25px 0; } .wpcf7-form .wpcf7-list-item { margin: 0 !important; } /* Quitamos la negrita a los textos de los checkboxes para que no saturen */ .wpcf7-form .wpcf7-list-item-label { color: #444; line-height: 1.5; font-weight: 400; cursor: pointer; } /* Personalización de los cuadritos de selección */ .wpcf7-form .wpcf7-checkbox input[type="checkbox"], .wpcf7-form .wpcf7-acceptance input[type="checkbox"] { accent-color: #00859b; /* Cambia el color del check por defecto al turquesa */ width: 18px; height: 18px; margin-right: 12px; vertical-align: top; margin-top: 3px; /* Alineación perfecta con el texto */ cursor: pointer; } /* Cajas de Declaración Responsable y Obligatorios */ .wpcf7-form .wpcf7-acceptance { display: block; background-color: #eaf6f7; border-left: 4px solid #00859b; padding: 18px 20px; border-radius: 4px; margin: 25px 0; } .wpcf7-form .wpcf7-acceptance .wpcf7-list-item-label { font-weight: 600; color: #123a5e; } /* ======================================================= BOTÓN DE ENVÍO Y MENSAJES DE ESTADO ======================================================= */ .wpcf7-form input[type="submit"] { background-color: #ffffff; /* Usamos el azul oscuro principal */ color: #000000 !important; border: none; padding: 16px 40px; border-radius: 6px; font-weight: 700; font-size: 0.9rem !important; cursor: pointer; transition: background-color 0.3s ease, transform 0.2s ease; margin-top: 30px; width: auto; display: inline-block; } .wpcf7-form input[type="submit"]:hover { background-color: #00859b; color: #ffffff !important; transform: translateY(-2px); } /* Mensajes de validación de CF7 */ .wpcf7-form .wpcf7-not-valid-tip { color: #d32f2f; font-size: 0.85rem; font-weight: 600; margin-top: 6px; } /* Caja de mensaje enviado con éxito / error general */ .wpcf7-form .wpcf7-response-output { border-radius: 6px; padding: 15px 20px; font-weight: 600; margin-top: 30px; line-height: 1.5; }